O Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade", en colaboración co equipo da Biblioteca do centro e moi especialmente co departamento de Orientación, está a desenvolver un programa de atención á diversidade e á inclusión académica e social a través da creación de espazos para o alumnado con necesidades educativas especiais. Boa mostra deste interese por parte do IES Agra de Raíces é o acondicionamento dunha aula onde se aborda o estudo por recunchos temáticos, o tratamento de diversos códigos lingüísticos de carácter inclusivo, a psicomotricidade, a xestión socioemocional e o emprego das TIC, tal e como se pode comprobar nas imaxes que podedes atopar no seguinte enlace, correspondente ao blog do Proxecta 365 do centro.
En breve, achegarémovos algunhas outras mostras da creatividade do noso alumnado á hora de aunar as artes plásticas coa música e a literatura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario