26/4/22

GAÑADORAS DO CONCURSO "AS VERBAS DOS LUGARES"

O pasado 8 de abril e con motivo da visita do poeta fisterrán Alexandre Nerium ao noso centro, fixemos entrega dos premios ás gañadoras do concurso poético "As verbas dos lugares", no que participaron os alumnos e alumnas de 4º da ESO. O profesor de Lingua Galega deste nivel e o mesmo Alexandre formaron parte do xurado e otorgaron os seguintes premios:

Gañadora:

Laura Quintás Caamaño, có poema "O noso pequeno lugar".

Exemplar firmado da obra "Ara do Mar" e vale de 25€

Accesit:

Lúa Iglesias Pérez, có poema "Cada día ao pé do tempo"

Vale de 20€

Parabéns as gañadoras e tamén para o resto de participantes; agradecementos para Borxa, o profesor de Lingua Galega pola súa labor e especial implicación neste proxecto, e moi especialmente a Alexandre Nerium pola súa colaboración e xenerosidade.

Aquí tendes os textos gañadores.

"CADA DÍA AO PÉ DO TEMPO"

Cada día ao pé do tempo, 

ao pé das risas 

e dos cantares. 

Cada día vou medrando, 

dous anos por cada mes. 

E por cada mes un paxariño 

que me repón dos meus traspés. 

Sempre cos teus tons cálidos, 

que entenrecen a miña pel 

e pasan o tempo coloreando a miña alma. 

E eu, rodeándome de todo o que me enche, 

facendo o que me peta 

seguindo os teus pasiños. 

Porque podo e porque quero. 

Amando todo o teu 

e todos os que che fan nacer. 

Amando cada hora na que me falas, 

na que me arrebatas esa eterna soidade que tanto me consume. 

Sempre conmigo. 

Miña lareira, lareiriña leal.

            Laura Quintáns Caamaño


"O NOSO PEQUENO LUGAR"

O lugar onde nos coñecemos, 

o lugar onde tanto tempo pasamos, 

o lugar onde sentábamos ver pasar a tarde, 

o lugar onde gardamos tantos recordos. 


 Aquel lugar sempre será o noso. 

Aquel sitio que se foi convertendo no meu favorito. 

Aquel atardecer que nunca esquecerei. 

Aquel banco onde a xente miraba cara nós e comezabamos a rir. 


Onde quedaron tantos recordos, 

onde fixemos a nosa fotografía, 

onde escoitamos aquelas canción, 

onde dixemos cousas que tantas voltas lle demos. 


Naquel lugar onde me ensinaches 

o fermoso que é querer ben. 

Naquel banco do paseo marítimo de Cee 

onde tan felices fomos con tan pouquiño.

         Lúa Iglesias Pérez



No hay comentarios:

Publicar un comentario