Como tod@s sabedes, o Día das Letras Galegas 2022 está adicado á figura de Florencio Delgado Gurriarán. Desde Biblioraíces e o ENDL do centro, temos preparado un pequeno homenxe ao poeta no que alumnos e alumnas da ESO farán lectura dalgúns dos seus poemas. Será o día 19 de mayo na Biblioteca, durante o 2º recreo, e estades tod@s invitados.
Tamén, o alumnado de 4º ESO encargouse de facer unhas recomendacións literarias en forma de "portada" de libro, con algunha das suas lecturas preferidas en lingua galega. Están todas recollidas nesta presentación dixital elaborada pola profesora Teresa Llamas, encargada do ENDL do centro:
https://issuu.com/mteresallamas/docs/lecturas_en_galego
O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México.
Para os que queirades consultar algo de información antes de participar, a Real Academia Galega publicou na súa páxina web unha serie de vídeos sobre a súa vida e obra. Asimesmo, na biblioteca do noso centro pódense atopar algunhas das súas obras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario