23/5/22

MULLERES ESCRITORAS DE CANCIÓNS 4ª E DERRADEIRA ENTREGA

Para cerrar a iniciativa que vimos desenvolvendo ao longo do curso en colaboración có Departamento de Música e o Proxecta 365 presentamos algúns dos últimos traballos sobre mulleres compositoras ao longo da historia por parte do alumnado de 3º ESO.  As últimas realizacións correspóndense con algúnhas figuras femininas más destacadas no ámbito musical nos séculos XIX e XX, incluíndo algunha personalidade galega como Eugenia Osterberger, cuxa figura está a ser recuperada nos últimos anos.  Nesta entrada podedes ver máis en detalle algunha das tarefas máis salientables, no noso afán cara a maior visibilización destas artistas, moitas veces esquecidas nos libros de consulta e tamén nos de texto.  Os traballos estarán expostos durante o mes de xuño nos corredores do 1º andar do centro.













No hay comentarios:

Publicar un comentario