Os membros de todos os grupos de lectura de "Libros coma area" participaron na actividade "Unha mensaxe enterrada nos libros".
O
obxectivo deste actividade é que o crecemento dos fondos da Biblioteca do Agra
de Raíces teñan en conta o máximo posible as sensibilidades e gustos dos seus
principais usuarios, así pois todas as persoas que participaran no club de
lectura teñen dereito a escoller un libro, que non estea nos fondos, para que
sexa adquirido. Ademais tamén terán dereito a asinalo e realizar unha
dedicatoria para os futuros lectores do libro. Para favorecer que nos vindeiros
anos estes libros estean entre os favoritos nos novos alumnos e alumnas do IES
Agra de Raíces, decidiuse deseñar un adhesivo especial para o lombo dos libros,
deste xeito chamarán a atención e haberá maís posibilidades que sexan
prestados.
Este é o tejuelo especial que o noso compañeiro Pablo Rodríguez fixo para a ocasión:
No hay comentarios:
Publicar un comentario