26/4/23

FELIZ DÍA DO LIBRO 2023


Desde Biblioraíces e o Club de Lectura Libros Coma Area, levamos a cabo diferentes iniciativas para conmemorar este importante día, unha delas foi a grabación e producción deste vídeo con reconmendacións literarias por parte dos integrantes do noso club de lectura. Está grabado en diferentes espazos do centro, incluída a propia biblioteca e os alumnos e alumnas fixeron un traballo excepcional. Aquí podedes velo:


Por outra banda, o alumnado de Proxecto Competencial de  1º ESO estivo facendo uns muráis con frases célebres sobre os libros e a lectura que xa se poden ver na cristaleira da subida ao primeiro andar.  Aquí podedes ver unha vista xeral e algúns deles máis en detalle:






Tamén, en colaboración có ENDL, varios alumnos de 4º ESO fixeron uns marcapáxinas alusivos a libros  de especial interese para eles.  Os resultados están expostos no taboleiro da biblioteca á entrada do centro:





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario