3/5/23

MINIMITOVIDEOS DE CULTURA CLÁSICA

O Departamento de Latín e Grego está a realizar durante o curso 2022-2023 a actividade chamada "Minimitovídeos" co alumnado de Cultura Clásica de 4º de eso, en coordinación coa Biblioteca, o Club de Ciencia, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, e coa colaboración de S.O.S. Clásicas, asociación que reivindica a visibilización das clásicas e unha maior presenza do latín, do grego e da cultura clásica na ensinanza.

A actividade "Minimitovídeos" ten como núcleo a elaboración de pequenos vídeos que reproducen episodios de mitos grecolatinos (en ocasións son un retrato dun personaxe). Os "Minimitovídeos" teñen unha duración media de 10 segundos, non teñen son, non teñen vestiario específico nin casi atrezzo. Os vídeos foron dirixidos e filmados polo alumnado, que tamén actuou nos mesmos.

Como material accesorio o alumnado elaborou pequenos carteis chamados "Mitos na pintura" nos que utilizando como pretexto unha obra pictórica de motivo mitolóxico resumiron os episodios reproducidos nas pinturas ou gravados. Estes carteis expuxéronse no corredor da biblioteca e serviron para a confección dunha publicación coa aplicación Isuu.

https://issuu.com/piticapela/docs/mitos_na_pintura_5418bb149f0d05/1

Cos vídeos preparáronse dous Kahoots (concursos lúdicos educativos interactivos) que foron xogados polo alumnado de varios niveis durante a Semana Cultural. Os alumnos e alumnas que gañaron en cada aula e en todo o instituto recibiron o seu premio. Os Kahoots están na páxina desta utilidade, a disposicion de quen o quera utilizar.

Tamén se están a preparar con estes vídeos, dentro do Club de Ciencia do instituto, dúas aplicacións mediante a utilidade App Inventor, aplicacións que tamén quedarán a disposición do que estea interesado na páxina de dita utilidade.

A devandita asociación S.O.S. Clásicas está a publicar progresivamente os "Minimitovídeos" na súa conta de Instagram, onde os utiliza como centro dun pequeno concurso con premios.

https://www.instagram.com/reel/Cq74TBoqraD/?utm_source=ig_web_copy_link


No hay comentarios:

Publicar un comentario