26/10/23

16-OCT: DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS

 Como cada ano, prestamos especial atención á data das Mulleres Escritoras desenvolvendo diferentes iniciativas.

Para comezar, desde a Biblioteca Concha Blanco queremos rendir unha pequena homenaxe a unha exalumna do centro que está a piques de publicar a súa segunda obra literaria.  Trátase de Ainhoa Conde, á que tivemos a oportunidade de escoitar nesta biblioteca o curso pasado, xa que aceptou a nosa invitación de vir a dar unha charla na semana cultural con motivo da publicación da súa primeira obra "Devotos do destino".  Agora regresa con "Lo que debí decirte", unha obra autobiográfica en castelán composta por 70 cartas ás persoas e lugares da súa vida.  A través do seguinte enlace podedes ver máis detalles da publicación así como acceder a prevenda da obra con detalles personalizados:

https://www.verkami.com/projects/36839-lo-que-debi-decirte






En colaboración có Departamento de Música, estamos levando a cabo os xa tradicionais traballos sobre mulleres compositoras ao longo das diferentes etapas históricas por parte do alumnado de 3º ESO.  Nuns días poderemos mostrarvos os primeiros traballos.

Por outra banda, os alumnos e alumnas de 2º ESO fixeron uns pequenos murais dando visibilidade a escritoras de cancións (cantautoras) actuais tanto gallegas como do resto do pais.  Grupos e solistas que están a desenvolver unha carreira musical importante, aportando novidade e frescura ao panoramos musical galego e nacional, e que temos que acercar ao público xa que, na meirande parte dos casos, non teñen a oportunidade de verse publicitados nas radiofórmulas e nos principais medios de comunicación. Estes traballos estanse a colocar no corredor do primeiro ciclo da ESO. Aquí deixamos unha mostra deles:











No hay comentarios:

Publicar un comentario