26/10/23

HORA DE LER 23/24 NOVO FORMATO!!

 Neste novo curso retomamos, como non podía ser doutra maneira, a iniciativa da "Hora de Ler", períodos de lectura voluntaria duns vinte minutos diarios en tódolos grupos de 1º, 2º e 3º da ESO.  Como novidade, neste curso establecemos un calendario de quendas rotativas que afecta a tódalas materias por igual.  Trátase de quendas por semanas e horas, é dicir, na primeria semana (comezamos o 16 de outubro) fíxose a hora de ler en tódalas primeras sesións da semana, a seguinte semana na 2º sesión, e así sucesivamente... repartindo a implementación da iniciativa entre tódolos compañeiros e compañeiras por igual.  Estamos a baraxar a posibilidade de expander a iniciativa a 4º ESO a partir do Nadal.  Informaremos...

O alumnado pode leer calquera material en formato papel que sexa do seu interese, tanto traído da casa, como libros da biblioteca, libros de lectura obrigatoria dalgunha materia, etc.  Para facilitar a labor aos docentes así como ampliar os materiais a elexir polos alumnos, confeccionamos unha novas "bibliotecas de aula" nas que reaproveitamos materiais das antiguas (previas á pandemia e que se retiraran das aulas por mor da mesma) e engadimos numerosos títulas adquiridos nos últimos cursos, configurando unhas coleccións duns 35/40 títulos por aula de gran variedade.  O alumnado tamén pode solicitar préstamos de longa duración na biblioteca para tal fín e, se fose necesario, acceder a unha lectura dixital a través da plataforma ELBE-2.

Aquí vos deixamos unha imaxes das novas bibliotecas de aula.  TOD@S A LER!!!









No hay comentarios:

Publicar un comentario