30/11/23

INAUGURACIÓN DA RADIO DO AGRA, COORDINADA POLA BIBLIOTECA CONCHA BLANCO

 O pasado 24-N tivo lugar un feito moi relevante para nos:  a primeira emisión desde a radio do Agra de Raíces.  Pareceunos unha boa idea escoller esta data tan relevante para facer unha primeira emisión simbólica desde a mesma, e para elo contamos coa colaboración dalgúns alumnos de 3º ESO (coordinados polo profesor e dinamizador do club de lectura Pablo Rodríguez) e do alumnado da optativa Hª da Arte de 2º BACH (coordinados pola profesora Teresa Llamas), que foron encargados de elaborar diferentes podcast sobre personalidades femeninas relevantes no ámbito artístico.  Algúns deles foron o eixo central desta primeira emisión que foi escoitada por toda a comunidade educativa no eido do acto central do día celebrado no patio do centro.

Aquí vos deixamos un enlace ao Drive para que os poidades escoitar, se ben nesta primeira emisión non deu tempo a poñelos todos, aproveitaremos o material para as seguintes emisións.

https://drive.google.com/drive/folders/1c62UxJVcope0SOzEsCNWDgWF5G10F_Tq?usp=drive_link

Tamén vos deixamos o link de enlace á radio para futuras ocasións:

https://stream.zeno.fm/rccokehzfptuv



No hay comentarios:

Publicar un comentario