30/11/23

25-N

 Desde o equipo da Biblioteca Concha Blanco sempre amosamos unha implicación especial na celebración dos actos conmemorativos do 25-N.  Nesta ocasión, participamos en diferentes iniciativas de xeito moi transversal:

Proporcinamos, xunto có Departamento de Orientación, materiais a todo o profesorado para poder traballar o tema da violencia machista.  Deste xeito, propúxose a proxección dunhas curtametraxes en tódalas aulas as 10:45h do día 24. Obras interpretadas por actores coñecidos a partir dun concurso de guións confeccionados por estudantes, seguindo o seguinte enlace:

http://www.cineenvioleta.org/cinco-cortometrajes-sobre-violencia-de-genero-es-cine-para-ser-la-voz-de-quienes-callan/

En colaboración có Departamento de Música, propúxose en tódolos grupos de 2º, 3º e a optativa de 4º ESO, unha tarefa relacionada coa presentación prezi "Músicas para o 25-N" confeccionada polo dinamizador da biblioteca:

https://prezi.com/p/oaxekdo4axga/musicas-para-o-25-n/

Participamos tamén na coordinación da elaboración do manifesto do noso centro, realizado por alumnas/os voluntarios de 4º ESO e que se deu a coñecer tanto no acto conmemorativo no patio do centro as 11h como no acto convocado polo Concello de Cee as 12h na Plaza do 8 de marzo.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesagraraices/node/1194



Ademáis, tamén fixemos unha escolma de libros e películas relacionadas có tema na sala principal da biblioteca e montamos un decorado nos días previos na entrada do centro recreando unha estancia doméstica e que, o día 24, foi reconvertido nunha recreación da escea dun crimen machista, có obxectivo de impactar visualmente a tódolos membros da comunidade educativa ao entrar ao centro neste día.



En colaboración co ENDL, participamos na elaboración do "Iceberg contra a violencia de xénero" que tamén foi exposto na entrada do centro.



Por último, comentar que escollemos esta data do venres 24 de novembro para realizar a primeira emisión desde da radio do centro que, se ben non esta inmersa oficialmente no programa da "Radio na biblio" do PLAMBE, será coordinada desde a biblioteca, feito do cal damos máis información na seguinte entrada do blog.


No hay comentarios:

Publicar un comentario