16/11/23

PREPARANDO O 25-N

Xa estamos a preparar os actos e actividades para o 25-N, día contra a violencia de xénero.  O alumnado voluntario de 4º ESO está a preparar un par de textos/manifiestos para o acto comunitario que terá lugar no patio do centro e que, posteriormente, serán leidos tamén no acto preparado polo Concello de Cee ao mediodía. 

Tamén se están a preparar diversos podcast desde as materias de historia, música e oratoria, moitos deles referidos a personalidades femeninas da historia (pintoras, compositoras, figuras históricamente relevantes...) que configurarán a programación dunha primeira emisión simbólica de RADIO AGRA, a radio no noso centro que comezará a súa andaina nesta data.

Por se resulta do voso interés, aquí deixamos a presentación prezi "Músicas para o 25-N" que vos pode resultar de utilidade. Agardamos que vos guste:


Tamen vos recomendamos esta selección de RECURSOS que poden ser de moita utilidade para esa data:



Enlace a un recurso que contén 5 curtametraxes sobre violencia de xénero. Poden ser moi aptos para proxectar a primeira hora da maña en tódalas clases. Poden verse todos en 10 minutos. Tamén en http://www.cineenvioleta.org/cinco-cortometrajes-sobre-violencia-de-genero-es-cine-para-ser-la-voz-de-quienes-callan/  (vídeos e ficha técnica dos mesmos).


Selección de 12 curtametraxes que permiten abordar a violencia contra as mulleres en todos os niveis educativos e desde diferentes puntos de vista. O impacto deste fenómeno entre as parellas de adolescentes ten un apartado moi importante dentro destes contidos.  Proxectar estes materiais na aula xerará novas ideas, novos coñecementos e novas inquietudes no alumno.



Obradoiro sobre cine e violencia de xénero, moi completo.  Algunhas das películas témolas na biblioteca (Te doy mis ojos, La vida secreta de las palabras, Juno, Pequeña Miss Sunshine).



Selección de recursos do centro de documentación María Zambrano para o ano 2022.  Ao final documento hay enlace á selección de recursos de tódolos anos anteriores (desde 2014) polo que temos unha listaxe moi extensa de materiais, ideas e fontes sobre as que poder traballar en calquera momento.













No hay comentarios:

Publicar un comentario