22/2/24

14 DE FEBREIRO: SAN VALENTÍN

 Como ven sendo tradicional, nestas datas coordinamos desde a Biblioteca a elaboración, reparto, recollida, clasificación e entrega das nosas cartas de amor/amizade entre toda a comunidade educativa.  Para isto, as nosas voluntarias de biblioteca de 4º ESO encargáronse da realización das tarxetas e de tódolos procesos posteriores, rematando a tarefa coa entrega aos destinatarios o día 16 de febreiro (o día 14 estabamos a disfrutar aínda das vacación do Entroido).  Como novidade para este curso, ademáis do selo de Rosalía (anticipando a próxima efemeride rosaliana) tamén engadimos nas tarxetas  unha pequena imaxe da escritora galardonada nas Letras Galegas 2024, Lucía Villalta, coa intención de dala a coñecer entre o noso alumnado.

Novo sello para o 2024, con Rosalía de Castro e Lucía Villalta


As nosas voluntarias de 4º ESO elaborando as tarxetas de San Valentín




No hay comentarios:

Publicar un comentario