22/2/24

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ

 Neste novo ano, conmemoramos este importante día nun momento moi delicado a nivel mundial, no que a guerra en Ucraína leva xa moitos meses avanzando e ben de estallar fai pouco o conflicto en Oriente Próximo entre Israel e Palestina.  É por iso que ainda se volven máis relevantes as iniciativas de concienciación entre o alumnado para loitar por un mundo máis igualitario e sen violencia.  Desde a Biblioteca Concha Blanco sempre plantexemos iniciativas para as diferentes clases e, cos grupos de 2º ESO e có a optativa de 4º ESO, en colaboración có Departamente de Música, levamos a cabo á realización duns podcast nos que se nos fala de moitas das cancións que, ao longo dos anos, tocaron o tema da paz e da non violencia.  Diferentes épocas, diferentes estilos musicáis pero unha mesma mensaxe para este día da paz.

Moitos deste podcast foron emitidos na 2ª sesión de Radio Agra na última sesión da mañá do día 31, coordinada polo equipo da biblioteca e a profesora de matemáticas Jenifer Espasandín.  Nesta sesión tamén podemos escoitar unha nova edición do programa "Catro patas para un banco" coordinado pola profesora de lingua castelá Lara Trillo que, desde a materia de Oratoria, está a desenvolver unha importante labor na elaboración de contidos en formato audio para a nosa radio.  Así mesmo, tamén se emitiu unha entrevista á Coordinadora do CIM de Cee coordinada por Jenifer Espasandín e feita por alumnas de 2º ESO, nun formato que pretendemos repetir en futuras emisións con outros invitados e invitadas.

Tamén se preparou a proxección en tódalas aulas do centro a emisión dunha entrevista feita a Arsenii Neuturov, alumno ucraícno que nos acompañou no curso pasado durante varios meses do curso.  Esta entrevista foi grabada, traducida e editada por varias alumnas de 3º ESO do curso pasado que, coordinadas desde a biblioteca, realizaron este fenomenal traballo para a materia Proxecto Competencial e que, agora, temos oportunidade de mostar a toda a comunidade escolar.

Na seguinte imaxe tendes o enlace para acceder aos mellores podcast así como á entrevista a coordinadora do CIM e ao vídeo da entrevista a Arsenii.  Agradamos que vos gusten!




No hay comentarios:

Publicar un comentario