22/2/24

DÍA DE ROSALÍA: NOVA EMISIÓN DESDE RADIO AGRA E MOITO MÁIS

 Xa estamos a preparar unha nova emisión desde Radio Agra para conmemorar o día de Rosalía, que neste caso celebraremos o venres 23 de Febreiro.  Comezamos a preparar esta data cós selos conmemorativos que aparecía nas tarxetas de San Valentín e xa temos en marcha desde fai días a 2ª Edición do Concurso de Videopoemas de Rosalía 2024, pero para a xornada do 23 temos en marcha unha programación especial desde a radio donde alumnas e profesoras leeran unha serie de poemas da autora, e tamén teremos a interpretación en directo, con voz e guitarra, dunha versión de "Negra sombra" a cargo da alumna Uxía Santos de 4º ESO A e o profesor Miguel Blanco.

Como aperitivo, deixámosvos có enlace a esta presentación en formato canva feita o curso pasado polas alumnas da materia optativa de música de 4º ESO onde se recollen máis de 30 temas con textos musicados de Rosalía de Castro.  Predominan as versións líricas e tradicionais, pero tamén hai cabida para os estilos máis modernos. Preme na imaxe para ver a presentación:






No hay comentarios:

Publicar un comentario