8/3/24

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

Neste día tan especial colaboramos coas diversas iniciativas que se desenvolven no centro, particularmente có equipo do programate Igualate e Vicedirección, cos que organizamos unha saída con parte do alumnado do centro ao acto que ten lugar no Auditorio Baldomero Cores na Casa da Cultura de Cee ás 12h.


Por outra banda, seguimos coa elaboración de materiais propios e contidos para as próximas emisións de Radio Agra.  En colaboración có Departamento de Música e despois da serie de murais feitos na primeira avalación sobre compositoras da Idade Media e o Renacemento polos alumnos de 3º ESO, agora, estes mesmos alumnos, veñen de preparar unha interesantísima serie de podcast sobre compositoras do barroco e o clasicismo, da que vos deixamos cumprida mostra no seguinte enlace:

https://drive.google.com/drive/folders/1J7JhwkVHXZGtThc98QFO5fGomc5qUnNJ?usp=sharing

Son moitos os nomes das mulleres esquecidas ao longo da historia nos diferentes ámbitos e, particularmente, no ámbito musical, encontramos moitos nomes de especial relevancia con unha producción musical moi importante, pero que apenas se mencionan nos libros de texto o noutros documentos de referencia.  A difusión das súas vidas e obras entre o alumnado e fundamental para non seguir cunha visión parcial  da historia da música (ou en calquera outro ámbito) marcada soamente polos protagonistas masculinos, xa que tiñamos e temos grandes compositores e compositoras.  Nomes como Franccesca Caccini, Barbara Strozzi, o Fanny Mendelshoon teñen que aparecer e ser recoñocibles no imaxinario colectivo xunto cos Vivaldi, Mozart, Beethoven ou Verdi, diso, temos que encargarnos todos e todas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario