24/5/22

IN MEMORIAM DOMINGO VILLAR (1971-2022)

 Desde o equipo da Biblioteca e toda a comunidade educativa do IES Agra de Raíces de Cee, queremos expresar o noso máis sentido pésame á familia e amigos así como rendir unha pequena homenaxe ao gran escritor natural de Vigo, Domingo Villar, que nos deixóu fai uns días.  Con todo o noso cariño, preparamos esta pequena mostra á entrada da Biblioteca cos seus títulos máis representativos, así como estamos a facer o propio cunha presentación dixital que se está a proxectar na pantalla do hall de entrada do centro durante estes día. Descansa en paz.




LECTURA DE POEMAS DE FLORENCIO DELGADO: LETRAS GALEGAS 2022

 O pasado xoves 19 de mayo, en colaboración có ENDL do centro, celebramos un sinxelo pero emotivo homenaxe a Florencio Delgado cunha lectura dalgún fragmento dos seus poemas significativos.  Despóis dunha breve introducción da súa figura, alumnos de tódolos nivéis da ESO fixeron as lecturas sobre a música de fondo seleccionada para a ocasión.  O acto tivo lugar na Biblioteca do centro durante o 2º recreo. Aquí tendes algunhas imaxes do mesmo:














23/5/22

MULLERES ESCRITORAS DE CANCIÓNS 4ª E DERRADEIRA ENTREGA

Para cerrar a iniciativa que vimos desenvolvendo ao longo do curso en colaboración có Departamento de Música e o Proxecta 365 presentamos algúns dos últimos traballos sobre mulleres compositoras ao longo da historia por parte do alumnado de 3º ESO.  As últimas realizacións correspóndense con algúnhas figuras femininas más destacadas no ámbito musical nos séculos XIX e XX, incluíndo algunha personalidade galega como Eugenia Osterberger, cuxa figura está a ser recuperada nos últimos anos.  Nesta entrada podedes ver máis en detalle algunha das tarefas máis salientables, no noso afán cara a maior visibilización destas artistas, moitas veces esquecidas nos libros de consulta e tamén nos de texto.  Os traballos estarán expostos durante o mes de xuño nos corredores do 1º andar do centro.













18/5/22

LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Como tod@s sabedes, o Día das Letras Galegas 2022 está adicado á figura de Florencio Delgado Gurriarán.  Desde Biblioraíces e o ENDL do centro, temos preparado un pequeno homenxe ao poeta no que alumnos e alumnas da ESO farán lectura dalgúns dos seus poemas. Será o día 19 de mayo na Biblioteca, durante o 2º recreo, e estades tod@s invitados.

Tamén, o alumnado de 4º ESO encargouse de facer unhas recomendacións literarias en forma de "portada" de libro, con algunha das suas lecturas preferidas en lingua galega.  Están todas recollidas nesta presentación dixital elaborada pola  profesora Teresa Llamas, encargada do ENDL do centro:

https://issuu.com/mteresallamas/docs/lecturas_en_galego


O autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2022 é un reflexo da cultura galega no século XX. Militante do Partido Galeguista, exiliado en América, colaborador de Castelao, promotor de iniciativas editoriais e radiofónicas. Como poeta escribiu entre dous mundos: a súa terra de Valdeorras e o país de acollida, México.

Para os que queirades consultar algo de información antes de participar, a Real Academia Galega publicou na súa páxina web unha serie de vídeos sobre a súa vida e obra. Asimesmo, na biblioteca do noso centro pódense atopar algunhas das súas obras.